Teatro – O Espírito de Vania

Teatro – O Espírito de Vania
Machi Salgado
Martes, 3 de marzo de 2026 20:30 hs.
Lugar: Centro Sociocultural O Vello Cárcere
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
Un actor e un músico entran nun espazo en ruínas. Os espíritos dos personaxes do Tio Vania de Chekhov habitan o corpo do actor para contar a súa historia, intentando entender o que aconteceu naquel lugar, unha vella casa galega onde a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo.
Un afondamento na capacidade de resistencia do ser humano e na súa desconexión coa terra e a natureza. Unha proposta intimista con música en directo na que conviven o tráxico e o cómico e onde cada elemento da escena ten vida propia.
ENTRADAS: DE BALDE
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.























