12.2 C
Lugo
Mié, 29 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – Un tal Romeo

13 de noviembre - 20:30

Teatro – Un tal Romeo

A Ramboia

Xoves, 13 de novembro de 2025 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:

Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.

Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro.

Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza:

NON TES PERFIL DE ROMEO.
XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA.
O AMOR É SECUNDARIO.
O ROMANTICISMO ESTÁ MORTO.
A TÚA CARREIRA TAMÉN.

Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.
Que difícil é querer, que difícil é quererse.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación cultural do segundo semestre no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Detalles

Fecha:
13 de noviembre
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05