O venres 31 de outubro as 17 horas no Vello Carcere en Lugo
Mostra que se podrá visitar ata o 31 de xaneiro do 2026, organizada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, comisariada por Cristina Carballedo Penelas
Con esta proposta poñemos en valor o importante papel de Paco Pestana na plástica galega.
Unha mostra que parte de revisar o proxecto plástico e vital do artista a través dunha aposta expositiva integrada por pezas do artista que forman parte do seu taller, do seu espacio máis persoal, o centro do seu proceso creativo e que durante tres meses formaran parte da paisaxe cultural de Lugo. Neste senso concíbese un proxecto multidisciplinar que vai dende a súa grande contribución escultórica ata unha mostra de debuxos e poesia.
Paco Pestana nace en Castroverde, onde encontra parte da súa inspiración.
Viaxa a Madrid, Barcelona, Andalucia, Portugal e distintos paises de Europa.instalandose desde os anos 70 en Lugo dedicandose por exclusiva a súa profesión artística.
Mantivo sempre unha traxectoria coherente coa súa obra o que lle levou a participar en importantes exposicions nacionais e internacionais., sendo considerado como un referente do panorama artístico na segunda metade do seculo XX.
As súas obras realizadas principalmente en madeira foron susceptibles de ser analizadas por numerosos criticos de arte, que a definen como unha creación que parte da natureza, do máis primitivo da nosa identidade, do noso realismo máxico onde Paco encontra a sua inspiración.
Paco Pestana é un artista que transcende a su propia obra, universal, filosofo de vida, como el mismo se define «escultor, poeta, polemista, showman, contador de historias, fabulador e filósofo de la vida, e mentor creativo del máster internacional de creatividade.
Esta mostra no Vello Carcere, tén unha especial connotación, pois foi nesta contorna onde nos anos ano 70 fai unha exposición o aire libre iniciando a súa traxectoria, deixando o largo dos anos unha fonda pegada nesta cidade bimilenaria, como a súa obra en distintos espacios: a escultura homenaxe o motociclista López Mella no Parque de Frigsa, «Sebastián Alanceado» na Praza Roxa de Fingoi, no Carril dos Indios, Lamas de Prado e nos xardins do Museo Provincial de Lugo. Así como a súa intervención poética na estación de autobuses de Lugo, unha interesante proposta de arte urbano.