12.7 C
Lugo
Dom, 7 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada “Arte, memoria e museos”

30 de octubre - 16:00 - 20:30

O Museo Provincial de Lugo acollerá o 30 de outubro, de 16:00 a 20:30 horas, a xornada “Arte, memoria e museos”, na que se propón unha análise sobre  os pasos dados en Galicia na musealización da memoria, fundamentalmente ligados á recuperación e visibilización da obra de artistas no exilio.

Coordinado por Aurelia Balseiro, directora do  MPL e Inmaclada Real López, o programa inclúe relatorios e intervencións de Juan Manuel Monterroso Montero, director do departamento de Hihstoria da Arte da USC, de Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra, e de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira.

A declaración como BIC do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, pioneiro en Galiza na musealización da memoria, o Día das Artes Galegas a Isaac Díaz Pardo ou o 75 aniversario do pasamento de Castelao dan contexto a unha xornada que pon en relevo as obras de artistas no exilio do Museo Provincial de Lugo.

A asistencia ás xornadas con diploma acreditativo require inscrición previa a través do formulario dispoñible na web comunidadermpl.gal e nas redes sociais do Museo Provincial de Lugo.

A inscrición é gratuíta.

Detalles

  • Fecha: 30 de octubre
  • Hora:
    16:00 - 20:30
  • Categoría del Evento:

Local