Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(Ás 20:15) Xornada sobre a produción de videoclips de Grande Amore, Sabela Ramil, Xoán Fórneas e Fillas de Cassandra

12 de marzo - 20:00

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e produción dos videoclips finalistas ao XXIV Premios Mestre Mateo nunha proxección coloquio que se celebrará o xoves -12 de marzo, ás 20.15 horas- no Pazo de San Marcos en
Lugo.

O acto contará coa participación de Fran Fórneas e Sergio Marey, responsable do deseño de vestiario, do videoclip de «Ferido» de O Xoán; de Sara Faro e María Pérez, Fillas de Cassandra, nomeadas polo videoclip de “Hibernarse”; de Sabela Ramil e Paula Pereira, directora do videoclip «Non cho podo dar» e de Nuno García Pico e Xaime Miranda, director do videoclip de «Ontes fun moi malo» de Grande Amore.

Conducirá e moderará o coloquio Laura Lamontagne, que tamén actuará durante o acto.

A actividade amplía a programación organizada nas últimas semanas pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da celebración en Lugo da XXIV Premios Mestre Mateo, que se entregarán por primeira vez en Lugo o vindeiro 21 de marzo.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que «entendemos o apoio á celebración dos Mestre Mateo en Lugo como unha oportunidade para visibilizar o traballo dos e das profesionais das comarcas de Lugo no eido audiovisual e proxectalas como referentes próximos para as persoas que se están formando ou iniciando agora nel. A maioria dos videoclips finalistas nesta edición son proxectos visiblemente ligados as comarcas de Lugo tanto polos artistas e equipos audiovisuais e as localizacións polo que reflicten ben o potencial que hai en todo o territorio e lanzan unha mensaxe moi potente sobre a necesidade de atender e apoiar a creación artística é cultural que se fai fóra dos circuítos
convencionais»

A entrada ao acto é gratuíta e libre ate completar a capacidade do Salon de Actos do Pazo de San Marcos.

Detalles

  • Fecha: 12 de marzo
  • Hora:
    20:00
  • Categoría del Evento:

Local