Xornadas de divulgación de investigacións
Da Universidade á sociedade:
XORNADAS DIVULGATIVAS no centro social autoxestionado A Hedreira (Lugo).
Os próximos xoves 13 e 20 de marzo a partir das 18.00 acolleremos unhas xornadas de divulgación de investigacións que estaban esperando ter algunha oportunidade para ser compartidas e darse a coñecer. Queremos desfrutar dun par de tardes aprendendo, falando e poñendo experiencias en común.
Aínda non temos a programación do día 20 pechada, así que se ti tamén tes algunha investigación interesante collendo po nun caixón, sexa académica (TFG, TFM, tese, PFC…) ou non, podes contactarnos a csahedreira@riseup.net.
O día 13 expoñeranse as seguintes temáticas:
· 18:00 – Psiquiatría e tolemia na España do s. XX
· 18:30 – Arqueoloxía urbana e dereito á cidade
– descanso –
· 19:15 – Capitalismo e reprodución social
· 20:00 – Perda de biodiversidade gandeira: a Rubia Galega
· 20:30 – Contaminación por microplásticos: magnitude e efectos
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte