10 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas sobre o Entroido da Tradescola

21 de febrero - 22 de febrero

Xornadas sobre o Entroido da Tradescola
Venres 21 de febreiro
19.00 horas – O entroido en Lugo: cidade e provincia – Faladoiro e memorias de entroidar – Branca Villares. Entrada libre ata completar aforo
Neste faladoiro das tradicións de entroido, faremos un percorrido por tradición de Entroido da provincia de Lugo.
Convidamos á xente de Lugo cidade e provincia que teña interese pola celebración do Entroido, que veña compartir con nos memorias de costumes de entroidar, e compartir así distintos xeitos de vivilo.
Sábado 22 de febreiro
– 11.00 -12.15 Obradoiro “Danzas de Entroido” – Xabier Iglesias
Neste Obradoiro descubriremos que en Galicia e en todo o mundo existen bailes propios da época do Entroido. Inscricións no tlf 982229966 – 626705708 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
NON son precisos coñecementos de baile para o obradoiro de danzas de Entroido.
Mediante estes bailes poderemos coñecer e respectar a diversidade cultural e social e asemade coñecer e participar coas propias tradicións.
Reflexionaremos sobre os aspectos éticos da actitude das persoas que se “ocultan” baixo un disfrace no Entroido.
Descubriremos a nosa capacidade para guiar un grupo nun momento dado e inventar novos bailes e expresións artísticas para levar a cabo no Entroido
Reflexionaremos sobre o feito de que o baile antigamente se facía nas propias aldeas sen que foran necesarios grandes desprazamentos.
En definitiva, disfrutaremos das músicas e bailes do Entroido dunha maneira desenfadada e en comunidade, como corresponde coa celebración máis gamberra do ano!
– Descanso
-12.30 -13.45 Obradoiro práctico de tradición oral: as composicións satíricas e a transgresión. Testamento do burro, xuízo de entroido e demais trifulcas – Branca Villares
Inscricións no tlf 982229966 – 626705708 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Neste OBRADOIRO debullaremos as composición satíricas dos entroidos tradicionais, analizaremos tipoloxías, e daremos pautas para a composición de letras actualizadas. A TRADICIÓN oral do Entroido ten vixencia pola renovación, e a composición é fundamental para a sua conservación e transmisión.

Detalles

Comienza:
21 de febrero
Finaliza:
22 de febrero
Categoría del Evento:

Local

CENTRAD
Rúa Chantada, s/n
Lugo, 27004
+ Google Map
Teléfono
982 21 00 66
Ver la web del Local