16.6 C
Lugo
Mié, 17 Sep 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XVIII Limpeza Simultánea de Ríos “Móllate polos ríos”

21 de septiembre - 11:00 - 14:00

XVIII Limpeza Simultánea de Ríos “Móllate polos ríos”

O vindeiro domingo 21 de setembro terá lugar a XVIII Limpeza Simultánea de Ríos “Móllate polos ríos”, unha iniciativa de voluntariado ambiental organizada por ADEGA coa colaboración da UNED de Lugo e Coidemos Lugo, que se unen un ano máis para coidar e conservar os nosos ríos.

A actividade desenvolverase na zona do río Miño, ao carón da UNED de Lugo, en horario de 11:00 a 14:00 horas, cunha duración aproximada de tres horas.

O punto de encontro será a entrada da UNED, onde as persoas participantes dispoñerán do aparcadoiro do centro.

O obxectivo da xornada é retirar os residuos acumulados no leito e ribeiras do río, ao tempo que se promove a concienciación social sobre a necesidade de manter os ecosistemas fluviais sans e libres de lixo.

Na edición de 2024, coa colaboración de 71 entidades, retiráronse máis de 10 toneladas de residuos grazas ao esforzo de máis de 1.300 persoas voluntarias.

A participación é gratuita e está aberta a toda a cidadanía.

Ademais, todas as persoas participantes recibirán unha camiseta de lembranza da xornada.

Recoméndase levar material propio como luvas resistentes, botas de auga, pinchos ou paus para recoller o lixo, así como bolsas ou sacos.

Ademais, recórdase seguir medidas básicas de seguridade, como evitar riscos innecesarios, actuar con precaución ante obxectos cortantes e prestar especial atención ás crianzas e ás zonas de corrente forte.

Con esta iniciativa, UNED Lugo, ADEGA e Coidemos Lugo consolidan o seu compromiso cos valores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente na protección dos ecosistemas acuáticos e na loita contra a contaminación.

Detalles

Fecha:
21 de septiembre
Hora:
11:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local