XXXII Festival de Teatro Universitario

19 de abril, ás 18.00 horas e ás 20.30 horas, no Pazo de San Marcos de Lugo: Do marabilloso mundo dos animais, os cordeiros, da compañía de teatro da USC-Lugo
O 20 de abril ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire: Encrobas 77: A precuela, da compañía de teatro da UDC-A Coruña.
O 21 de abril ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire: Insurección da Aula de teatro do campus de Ourense da UVigo-Grupo Maricastaña
O 22 de abril ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire: Irmáns da Compañía de teatro da USC – Santiago.
23 de abril ás 20.30 h na Casa do Saber (Domus do Mitreu): Lectura dramatizada das asemblearias da compañía Vaites Vaites IV ciclo USC-Lugo
A entrada a todas as funcións desta actividade é de balde.
Para a estrea do 19 de abril hai que solicitar entrada en cultura.lugo@usc.gal, dende o 13 ao 16 de abril.
Para asistir ás funcións dos días 20, 21 e 22 de abril hai que solicitar entrada en https://entradaslugo.es/
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación da Primavera Cultural da USC que se artella ao abeiro do convenio LUGO CULTURAL que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

























