A artista lucense Paula Noya doará a serie “El Hilo de Cloto” ao Museo Provincial de Lugo
FOTO: A Deputada de Cultura Iria Castro, a Directora do Museo Provincial Aurelia Balseiro e a artista Paula Noya. Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura Iria Castro mantivo un encontro coa directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro e a artista lucense Paula Noya para coñecer o proxecto “El Hilo de Cloto”, que se incorporará ao Museo Provincial de Lugo nas vindeiras semanas.

Noya achega esta serie formada por catro esculturas de ferro de entre 80 e 30 centímetros de diámetro e realizadas en 2015 – “Esfera de Pletina”, “Esfera de cadenas”, “Esfera de espino” e “Esfera de Hierro” –, catro debuxos a lapis en papel de 100×100 centímetros elaborados en 2014 e, por último, a fotografía “Las Parcas”, de 160×60 centímetros sobre papel e montada sobre aluminio.

A deputada de Cultura destaca a importancia desta doazón que incide no apoio e na visiblización das mulleres artistas que desenvolven os museos provinciais dentro do programa “Recoñecer, Representar e Redistribuír”.

Nese marco, durante o verán presentáronse nos xardíns do Museo Provincial a escultura de Soledad Penalta que leva a loita das mulleres por alcanzar a igualdade ou, no Pazo de Tor, a peza “Todo é ilusión” adquirida a artista e tamén académica Pamen Pereira.

Iria Castro agradeceu ”a xenerosidade da artista que con esta peza indaga sobre o destino e a capacidade do ser humano para cambialo. O Museo Provincial e a Rede Museística sigue poñendo en valor o traballo de mulleres artistas galegas e esta doazón é un exemplo máis do noso compromiso”.

“El Hilo de Cloto”

O proxecto “El hilo de Cloto” trata de indagar sobre o destino e a nosa capacidade ou non para cambialo.

Cloto é unha das tres Moiras o Parcas, como se llas denominaba na antiga Grecia. 

Este proxecto inspírase en Cloto, a máis nova das tres, que é a que prepara a lá na roda de fiar. 

Cloto é tamén a que reparte os fíos que tecerán a vida dos homes: o branco é o color sobre o que se entretecerá, o fío dorado (a felicidade) e o negro (a dor). Así dende o seu nacemento os homes e mulleres teñen predestinados sus momentos de felicidade e de dor, aínda que como se di no mito, só eles poden decidir como viven esos momento, mantendo así o libre albedrío.

“Esfera de Pletina” http://paula-noya.com/proyecto-el-hilo-de-cloto/