A partir do 14 de agosto poderá visitarse na praza Maior de Lugo a exposición itinerante «Mexicráneos», unha mostra da cultura mexicana arredor da morte e das celebracións que realizan polo «día de los muertos».
Presentada polo Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, trátase dun proxecto artístico que busca eliminar tabúes e espertar na sociedade a necesidade de falar sobre a morte enchendo as rúas de arte. Segundo os organizadores conta con máis de 12 millóns de visitantes en todo o mundo.
Está composta por 10 cráneos monumentais, de gran formato, onde o arte tradicional e moderno se unen grazas ás mans de artistas emerxentes e consolidados.
En total, a mostra distribuiu 170 cránios monumentais arredor de todo o mundo e contou coa participación de máis de 1.500 artistas mexicanos e internacionais.
Mexicráneos é una versión actualizada dos rituais prehispánicos que consistían en adornar os cránios nos enterros e exhibilos durante as cerimonias, facendo das caveiras un símbolo vital ao que se rezou ao longo da historia.
A mostra chega a Lugo grazas á colaboración do Grupo Albia coa área de Participación, dentro da liña de traballo da área de goberno de prestación de servizos relacionados coa morte, tanto no aspecto material centrado nas exequias e honras fúnebres, como nos relacionados coa dor pola perda e atención ás familias, como todas as actividades relacionadas coa cultura funeraria.