Ven de abrir no MIHL a exposición “Combate mural: muller, igualdade e empoderamento”, unha exposición baseada no traballo do Culturban, festival de arte urbana que se desenvolveu na cidade promovido pola área de Cultura e o Espacio Lupa
Esta exposición conta cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e con fotografías da elaboración dos mesmos e do día do festival. Obras de Ana Santiso, Jojo, Davixino, Tamara Baz, Elara Elvira, Blanca Escrigas, Miguel Anxo Macía, Iván Mouronte, Sergio Otre, e Xandre Otero e das fotografías de Pepe Saavedra, Bego Pérez e Marcos López.
A exposición estará aberta ao público desde o 10 de decembro até o 11 de febreiro, no que tamén se realizará un obradoiro de arte urbano para nenos e nenas que se realizará no propio MIHL.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte