Tras un parón creativo, Olalla Higo só quería debuxar cans, ou o que ela chama “perritoscaballo”.
Estes debuxos nacen influenciados polos documentais de animais que sempre lle encantaron, especialmente da forma na que se relacionan distintas especies. Por exemplo, uns monos que se sentían moi seguros porque na súa zona sempre había comida abundante e non tiñan que preocuparse por nada, só de facer amigos e facerse mimos.
Outro exemplo que se lle quedou grabado foi o dos cabalos. Deles din que adican moito tempo ao coidado dos sus seres queridos, que un cabalo ten catro ou cinco cabalos achegados cos que se abraza co colo e ao que lles aparta as moscas dos ollos.
En 2022 volta a Galiza, a Pontevedra.
Alí empeza a debuxar bichitos con cornos e máscaras que lle lembran ao carnaval do seu pobo, en León, e ás máscaras dos traxes tradicionais que levan caninos de xabarí, pelaxe de lobo, cornos de corzo… unha mestura entre humano e besta que só sae á luz un par de días ao ano e que, pese ao seu aspecto maligno, a ela lle resultan moi agradábeis.
De este periplo xorde Fly me to the moon, resultado de varios anos de traballo sobre os mesmos temas e formas, una mestura de inocencia e ironía e unha forma de facer que ten bastante que ver co xogo e gozar durante o proceso. Desta maneira adicalle este traballo a todos os animais, incluídas as persoas, que se deixaron acariñar e que acariñou.
Olalla Higo (Ourense, 1997)
Belas Artes en Salamanca, cerámica na Escola de Artes e Oficios desa mesma cidade e master en xestión cultural en Valencia.
https://www.instagram.com/olallahigo/
Galería Solaina (Rúa do Camiño Real 88)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte