Exposición do "Combate Mural" do Culturbán 2020

Este xoves 10/12 ás 19:00 o MIHL acollerá a exposición “Combate mural: muller, igualdade e empoderamento”, unha exposición baseada no traballo do Culturban, festival de arte urbana que se desenvolveu na cidade promovido pola área de Cultura e o Espacio Lupa

Esta exposición contará cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e que contou como taller de traballo, como lenzo e como galería Lugo.

O resultado foi a transformación de varias fachadas e lugares da cidade que fixeron “un Lugo máis vangardista, participativo e amable” declarou Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do coñecemento.

A exposición estará aberta ao público desde o 10 de decembro até o 11 de febreiro, no que tamén se realizará un obradoiro de arte urbano para nenos e nenas que se realizará no propio MIHL.