A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza unha exposición virtual nas redes sociais do Vello Cárcere en conmemoración da inauguración do edificio hai 133 anos. Segundo explicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, “buscamos poñer en común a visión que as veciñas e veciños de Lugo teñen sobre unha peza da nosa historia como é o Vello Cárcere”.
Segundo Arroxo, “as redes sociais compartirán, a partir deste xoves, imaxes antigas e recentes que retraten o edificio”. A área de Cultura habilitou o enderezo de correo ovellocarcerevirtual@gmail.com para que as veciñas e veciños acheguen as súas imaxes para participar nesta iniciativa.
A partir do xoves 23, data na que se celebra a inauguración do edificio, que tivo lugar no 1887, as redes sociais do Vello Cárcere compartirán, coa etiqueta #ExpoVirtualOVelloCárcere as fotografías da área de Cultura as que acheguen as veciñas e veciños.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte