A Rede Museística da Deputación de Lugo ten abertas as seguintes exposicións:
– LUGO DIVERSX, Orgullosos de ser, vivir e amar libremente, xardín do Museo Provincial de Lugo.
– EXPOSICIÓN: Esquecín que te esquecín, na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Artistas participantes: Alexandra R. Rey, M. Jesús Manzanares, Almudena Armenta, Marta Albarrán, Blanca Prendes, Miren Materola, Carmen Imbach, Miriam Garlo, Charo Carrales, Narges Bazarjani, Concha Mayordomo, Soniya Amrital Patel, Dora Román, Teresa Blanco, Emi Azor, Virgina Rivas, Eva Rodríguez, Virgina D´Angelo, Leticia Reyero, Yolanda Lalonso, Lo Súper, Maite Cajaraville, Marga Colás. Artista invitada: Paloma Navares.
– Eclipse Siria, de Ali Ali, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo.
Debido ás Normas de concordia a prol da saúde colectiva da Rede Museística da Deputación de Lugo, todas aquelas persoas que desexen ver estas exposicións, deberán concertar cita previamente chamando ao teléfono 982.24.21.12 ou ben no correo concertampl@gmail.com. Lembramos tamén que o aforo a estas salas é limitado e os usuarios, ademais de manter a distancia de seguridade en todo momento, deberán vir provistos de máscara.