Un total de 38 artistas inmortalizaron distintas zonas de Lugo durante o domingo no 20º certame de Pintura Rápida ao aire Libre Cidade de Lugo. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que este certame, “unha cita xa consolidada no calendario da actividade cultural lucense, contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade”.
O xurado estivo composto por Encarna Lago, Iago Eireos e Noa Persán, e deu como gañador a Andrés Gabarres. O segundo posto outorgóuselle a Rafael Carrascal e no terceiro lugar premiaron a Miguel Anxo Martínez. As tres primeiras clasificadas recibiron un premio de 1.600€, 1.100 e 900, respectivamente
Os 5 accésit, cun premio de 300€ foron para os seguintes participantes: Isabell Seidel, Pablo Rodríguez, Benjamín Castillo, Fernando Sánchez e Piedad Santamaría
En canto ao premio para o artista local, cun valor de 450€, o xurado decidiu a Ruth Miguel Díaz entre os 9 participantes desta categoría.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte