Chega ao MIHL a Mostra de Arte na Rúa Culturban 2021 recompilando os distintos murais realizados durante o II Combate Mural, os traballos murais que se elaboraron ao aire libre pola cidade e outras accións artísticas do Festival Culturban.
Hai obras de Eduardo Baamonde, Juan José López (Lomarti), Isabel Seidell, Miguel Ángel Macía, Manuel Cajaraville, Edu Fernández García-Gesto, León Comesaña, Gema López, Iván Mouronte e Dani Vera.
A exposición estará aberta ao público até mediados de xaneiro do 2022, e contará con actividades e obradoiros arredor da mesma, organizados dentro da programación habitual do MIHL. Ademais, contará cunha proxección contínua dunha peza documental sobre o combate mural.
Durante a inauguració, a concelleira de cultura Maite Ferreiro explicou que “co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza”.
O Culturban está promovido pola área de cultura do concello de Lugo e o Espacio Lupa Arte
Museo Interactivo da Historia de Lugo – Parque da Milagrosa – Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo
Teléfono: 982 29 74 46
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte