Mostra fotográfica “Con nome propio” do fotógrafo lucense Xosé Manuel Otero no Museo Provincial de Lugo. Recompilacion de retratos das mulleres e homes da cultura galega no cambio de milenio.

EXPOSICIÓN: Con nome propio, de Xosé Manuel Otero

Desde o 6 de xuño ao 30 de xullo de 2022

Lugar: Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo

Horario de verán (1 de xuño a 30 de outubro)
De martes a sábado: 10:00 a 13:30h. e de 16:00 a 20:30h.
Domingos e festivos: 10:00 a 16:00h.

Luns pechado

Entrada gratuíta

Web Museo Provincial de Lugo

CON NOME PROPIO

«A idea dunha recompilación de retratos das mulleres e homes da cultura galega actual hai unha ducia de anos que me rolda pola cabeza.

Inicialmente tratábase dunha homenaxe ao mundo da cultura nun punto temporal determinado: cambio de milenio. Sería unha foto fixa dalgunhas das mulleres e homes que nos albores do novo milenio están sachando polo florecemento da cultura galega.

A idea sempre foi a de tomar retratos informais, que aportaran diversidade de miras e nas que o persoeiro non se sentira intimidado por unha foto ao uso.
Non limitei os autores por ningún tipo de disciplina ou actividade artística, e así retratei escritores, tanto poetas como narradores; artistas plásticos, pintores, escultores, fotógrafos, debuxantes, músicos, magos…»

XOSÉ MANUEL OTERO – facebook – 

Fotógrafo. Lugo

Iníciase no mundo da fotografía tratando fundamentalmente temas etnográficos. Coa madurez, evoluciona a temas minimalistas e abstractos, onde predomina o entorno urbano, salpicado case sempre pola figura humana.

No relativo á técnica, aposta decididamente polos procesos químicos de branco e negro coma un valor engadido ao seu traballo.

A súas obras expuxéronse en museos, casas da cultura e salas particulares e públicas en A Coruña, Lugo, Ourense, Barcelona, Braga, Gijón, Madrid.

Por último, ten obra espallada en distintos libros, revistas e follatería diversa.