Este xoves tivo lugar no Museo Provincial de Lugo a inauguración da exposición Facer Camiño, da Real Academia Galega de Belas Artes, coa que colabora a área de Cultura da Deputación de Lugo. Na inauguración estiveron presentes a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, o Presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, o Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo e a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro
Trátase dunha exposición itinerante, composta por 23 obras, de 12 dos artistas galegos actuais máis importantes, todos pertencentes á Academia. As pezas – fotografías, pinturas ou esculturas – xiran en torno ao eixo do Camiño de Santiago, coa finalidade de estreitar os vínculos do mundo cultural e o Camiño. Obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado.
Maite Ferreiro destacou a importancia desta exposición “xa que os Camiños de Santiago son fundamentais para entender a construción da nosa cultura”.
A exposición poderase visitar desde este venres, 18 de setembro, ata o vindeiro 4 de outubro. Como para calquera outra visita aos museos da Rede provincial, será imprescindible solicitar cita previa no teléfono 982 24 21 12 ou a través da dirección electrónica concertampl@gmail.com.
A concertación previa é necesaria para manter o control do aforo e garantir o cumprimento das normas de prevención fronte á Covid 19 establecidas polas autoridades sanitarias.
O horario do Museo Provincial é de luns a venres: de 9:00 a 21:00 h. os sábados: de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. e os domingos e festivos: 11 a 14 h; tamén se poderán solicitar visitas acompañadas á exposición nos seguintes horarios: polas mañás: 9:00, 9:30, 10:00, 10:30 e 11:00h; e polas tardes: 16:00, 16:30, 17:00, 17:30 e 18:00h.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte