O Museo Provincial de Lugo expón tres obras do Museo Reina Sofía
As tres pinturas, de Julia Minguillón, Benjamín Palencia e Victoria Malinowska, poden visitarse por primeira vez en Lugo
Foto: Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo

O Museo Provincial de Lugo expón ata o 30 de marzo de 2026 unha mostra de obras convidadas do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Trátase das pinturas Jesús, Marta e María de Julia Minguillón (Lugo, 1907-Madrid,1965), Humos heladosI Paisaje abstracto de Benjamín Palencia (Barrax, Albacete, 1894-Madrid, 1980) e Victoria Malinowska (Polonia, 1890) , que o Museo Raíña Sofía deposita temporalmente en Lugo para esta mostra.

A exposición, coordinada pola dirección e o departamento de Belas Artes do MPL, enmárcase na colaboración institucional entre as dúas institucións, coincidindo co tempo co préstamo de cinco pinturas de Maruja Mallo que o museo provincial fixo ao Reina Sofía para a exposición retrospectiva “Maruja Mallo. Máscara e compás” que se inaugurará o 7 de outubro en Madrid.

As obras expostas en Lugo foron seleccionadas en función do contexto cronolóxico-cultural das pinturas de Maruja Mallo. Así, está representada na exposición Julia Minguillón, artista galega coetánea de Maruja Mallo representada cunha pintura datada en 1934 que foi medalla na Exposición Nacional de Belas Artes.

Benjamín Palencia aparece na mostra pola súa vinculación coas vangardas e o surrealismo e Victoria Malinowska desde a óptica doutra pintora de orixe ruso pero integrada no círculo artístico madrileño das primeiras décadas do século pasado.

As tres pinturas están en Lugo por primeira vez e son tamén unha oportunidade para contextualizar a Maruja Mallo dentro da historia da arte no primeiro terzo do século XX así como para continuar a cordial colaboura museística entre ambos centros.