A segunda mostra de fotografía do Xanelas Abertas consiste nunha colección de magníficas imaxes, feitas pola lucense Lorena Grandío, nas que se pode ver o saber facer tradicional, a artesanía e a alta costura dende a súa forma máis pura, de Sara Lage. As señas de identidade da mostra márcanas o deseño, a vangarda e o estudo dos patróns e a investigación de texturas e novas formas de bordado que caracterizan á innovadora modista de Lugo
A mostra está ubicada nas ventás do Círculo das Artes, na rúa Bispo Aguirre e forma parte das actividades previstas no festival de arte urbano Culturban para mostrar a obra das e dos artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.
A mostra está organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte, e conta coa colaboración do Circulo das Artes
Técnico Superior en Indumentaria Textil na escola superior de deseño Felicidad Duce de Allariz, Modista e fundadora do taller de noivas Sara Lage
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte