A área de Cultura da Deputación de Lugo perfila medidas para paliar o impacto da crise da Covid-19 nas librarías e no sector editorial. Nos últimos días desde a área pulsouse a situación do sector a través de representantes da Federación de Librarías de Galicia da Asociación de libreiros de Lugo e ofreceuse a colaboración da institución de cara a minimizar a incidencia da emerxencia sanitaria nos establecementos, que tiveron que pechar as portas tras a declaración do estado de alarma.

«Traballamos para sacar adiante medidas concretas que axuden as librarías a sobrelevar as consecuencias desta crise. Na medida das nosas posibilidades, contribuiremos a que cando se relaxe o confinamento e se recupere certa normalidade as librarías continúen coa súa actividade, que vai máis aló das vendas de libros, porque son auténticos focos de cultura e sustentan un sector que involucra moitos outros colectivos, escritora@s, ilustrador@s, traductor@s», sinalou a vicepresidenta Maite Ferreiro que adiantou a vontade de crear unha liña de axudas para contribuír a reactivar o sector.

A vicepresidenta tamén explicou que a área de Cultura traballa na adaptación das convocatorias e programas anuais ás novas circunstancias.  O obxectivo, precisou, é «seguir achegando recursos que dean osíxeno aos profesionais da cultura e tamén ás asociacións de base»