26/09 Xurxo Lobato ven de presentar na Librería Trama o seu libro: «Vento nas velas«. O recoñecido fotógrafo galego, un referente tanto na fotografía como no eido cultural, continúa a mirar hacia Galicia, e co seu ollo fotográfico, ensinala ao mundo.
Os textos de apoio foron escritos por Felipe Senén, José R. Soraluce, Lino Prieto e Avelino Ochoa; compañeiros de traballo para facer o libro, como se de unha carpintería da ribeira se tratase, onde construen as dornas… xa que como nos dixo, é un libro autoeditado, e como editor necesitaba dos mellores «carpinteiros» para sacalo adiante.
Na presentación estivo acompañado por Felipe Senén López Gómez, arqueólogo, museólogo e académico da Real Academia de Belas Artes. Entre anécdotas e curiosidades, fixeron un percorrido polo libro e a súa elaboración (tres anos de traballo, a ligazón emocional que hai nesta obra e noutras con Galicia, como algúns temas dos seus traballos fotográficos o «veñen a buscar», están ahí, o chaman, referencias a Manuel María …)
A petición de Viva Lugo deixounos estos consellos para aqueles que se inician na foto:
Consellos dun fotógrafo cuias publicacións e exposicións contánse por decenas, colaborador de El Pais, Getty Images, Luzes, Sermos Galiza, Mundiario, comisario do Premio Ksado de fotografía – está aberta a inscrición nos seus obradoiros, agora en outubro- , promove o Concurso de fotografía Xurxo Lobato do IES Monelos, etc etc etc … aínda que como ocorre cos GRANDES, a súa mellor carta de presentación, sempre, van a ser as súas fotos: visita a súa web, paga a pena.
Clica nas fotos para velas máis grandes.