A obra «Finximentos», de Mariña Pérez Rei, resultou gañadora pola “súa orixinalidade e a reflexión que achega sobre a relación co material e como se reflicte na nosa vida”

 A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a xuntanza do xurado do XXV Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza.  

Maite Ferreiro destacou este certame como «unha cita consolidada xa no calendario cultual galego, co que anualmente descubrimos novas historias de gran calidade».  

A obra «Finximentos», de Mariña Pérez Rei, foi a escollida polo xurado nesta edición, que recibirá un premio de 4.000€ e a obra será publicada por Edicións Xerais de Galiza

Mariña Pérez Rei é licenciada en filoloxía Galego-Portuguesa e filoloxía Hispáinca. Exerce como profesora de lingua e literatura galega no IES Eduardo Pondal de Compostela, onde lidera o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Conta con múltiples obras publicadas, e o certame Ánxel Fole do Concello de Lugo únese aos múltiples premios cos que xa conta esta escritora, como o IX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de taramancos no 2010 ou o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006.

A obra «Finximentos» destacou sobre as demais, a xuízo das integrantes do xurado, por tratarse dunha novela narrada de modo moi visual que fala sobre a soidade e está inzada de arrebatos literarios. É un texto dramático que destaca pola súa orixinalidade e nel reflexiónase sobre a relación que se establece co material e cómo isto se reflicte na nosa vida. 

O xurado estivo conformado pola escritora Beatriz Dourado, o escritor Xerardo Quintiá e o tradutor Alexandre Alonso.