MAR 2018 Esta fin de semana tivo lugar no Ateneo A Engranaxe toda unha xornada festiva e festeira, promovida por Translurpies e adicada aos fanzines. Durante todo o sábado tiveron lugar obradoiros de autoedición feminista, como o que impartiu Gelen Jeleton, experta e master en fanzines, e tamén un de Scribus (programa de software libre para a maquetación), con aforo completo, ademáis dunha feira de fanzines, música con Cervatillo DJ, cervexa artesán, petiscos, comida … e boa compañía onde moita xente adentrouse no maravilloso mundo do DIY, do punk e da auto-xestión fanzineira.
Sen dúbida unha iniciativa que agardamos se repita ao menos unha vez ao ano.
O Ateneo Libertario A Engranaxe nace como un espazo destinado á cultura libre, o debate e o pensamento crítico. Un proxecto que, a través de recitais, palestras, talleres, proxeccións e dun humilde fondo bibliotecario, pretende facer do barrio un lugar máis humano, no que persoas de diferentes culturas e xeracións poidan compartir coñecementos, experiencias e sentimentos de solidariedade e apoio mutuo.
Rúa Río Sil, nº52 baixo – CP 27003 – Lugo