FEB 2018 O grupo de folk italiano Brigan ofrecerá un concerto este xoves 15 en Lugo, no club Clavicémbalo, ás 23 horas, dentro da súa xira galega e española para presentar o seu novo disco, ‘Rúa San Giacomo’, sobre o Camiño de Santiago. E o sábado 17 ofrecerán un obradoiro de percusión do sur de Italia en Begonte, para logo facer unha pequena demostración en directo.
‘Rúa San Giacomo’ é o seu terceiro traballo, que foi ideado e gravado entre Vigo, Santiago de Compostela e Sant’Arpino, a poucos kilómetros de Nápoles, que é o froito de anos de investigación, intercambios e longas estancias en terras ibéricas.
Os concertos en Galicia son os seguintes: na Coruña o 9 de febreiro (Garufa Club); en Lugo o 15 de febreiro (Clavicembalo); Vilar de Santos o 16 de febreiro (A Arca da Noe); e Santiago de Compostela o 22 (Casa das Crechas). As conferencias terán lugar o 9 de febreiro en Ferrol (EOI), xunto con Davide Salvado; en Vigo o 19; e en Vilagarcía o 20 (EOI).
Brigan vén presentar o seu terceiro disco, ‘Rúa San Giacomo’, “Rúa” – “Vía” en galego e portugués –, toma para Brigan un significado máis amplo, ligado ao Camiño. Un percorrido que parte da propia Vía San Giacomo (Santiago) onde está situado o histórico estudio e lugar de nacemento da banda. Unha peregrinación musical na que Brigan foron protagonistas, logrando encadrar neste último traballo unha parte do repertorio, historias e músicas que durante séculos os peregrinos atoparon no seu camiño cara a Santiago.
Catorce pezas, catro delas inéditas, dan vida a ‘Rúa San Giacomo’, unha pequena antoloxía a cabalo entre Atlántico e Mediterráneo, na que se atopan e coexisten as sonoridades da música do sur de Italia coas variadas linguaxes e formas musicais do Noroeste ibérico (Galicia, Asturias e Norte de Portugal). Alalás, villanellas, muiñeiras, xotas, tarantellas e cantos de traballo fúndense nun único son e linguaxe, o de Brigan.
Enriquece este disco a presenza de numerosos colaboradores, entre os que se atopan algúns dos máximos expoñentes da escea musical galega: o violín de Harry.C, de Milladoiro; as voces e pandeiretas de Xurxo Fernandes (Radio Cos) e Pandeireteiras sen Fronteiros; as voces de Immacolata Argiento e Maura Sciullo (FicuFresche); a gaita galega de Pablo Carpintero; a voz de Davide Salvado; a frauta de Xulio Lorenzo; a voz de Massimo Ferrante e a zanfona de Efrén López Sanz.
Historia de Brigan
ENTRADAS – Ticketea –
BRIGAN:
Brigan nace no 2009 do encontro de tres músicos da rexión sur italiana de Campania, unidos polo interese e a pasión pola música tradicional dos pobos da área céltica. O seu disco debut ‘Irish Roots’ (2010) estaba dedicado integramente á música da arpista irlandesa T. O’Carolan. En 2011, coa publicación do segundo disco ‘Ti sfondo i bodrhàn – tradizione e contaminazione’, nace e se desenvolve a idea de emprender un novo proxecto: fusionar a sonoridade e as rítmicas da música celta e da música tradicional do sur de Italia.
O traballo de investigación e estudio dos repertorios tradicionais de grande parte da área celta (Bretaña, Irlanda, Galicia e Asturias) consolídase coa publicación en 2014 do seu terceiro álbum ‘Transumanza Sonora’.
Os numerosos concertos e estancias en España e Portugal levan a Brigan a dedicarse enteiramente á aprendizaxe e revisión dos repertorios tradicionais da área íbero-celta, a través da investigación de campo, intercambios e colaboracións con músicos locais. Tamén estudian os múltiples instrumentos e linguaxes tradicionais con varios expertos en folklore, en especial co etnomusicólogo, investigador e constructor de instrumentos antigos Pablo Carpintero desde Galicia e Alberto Jambrina desde Zamora.
Brigan colabora actualmente con diversos músicos italianos e extranxeiros entre os que se atopan Xurxo Fernándes e Pandeireteiras sen fronteiros, Harry. C (Milladoiro), Ramón Rodríguez Gómez (ex-Coetus), Massimo Ferrante, Giovanni Saviello, Aldo Grillo (Progetto cala la sera), Xulio Lorenzo, Efrén López Sanz, Davide Salvado.
Brigan son:
Francesco Di Cristofaro (voz, gaitas, mandolina, bouzouki e outros)
Ivan del Vecchio (guitarras)
Gabriele Tinto (percusións)
Simone Lombardi (percusións)