‘Na Bocanoite’ reviviu con música os poemas galegos de Lorca. Artistas e formacións musicais luguesas interpretaron o pasado mércores, a poética galega do autor granadino nun concerto organizado ao abeiro do Lugo Cultural, na solaina da Casa do Saber, ao pé da muralla romana de Lugo e a escasos metros da placa conmemorativa que lembra a presenza do autor granadino na cidade.
Esta actuación, alén de universalizar a creación de García Lorca desde unha óptica interdisciplinar que conxuga música e literatura, permitiu dar continuidade ao proxecto que posibilitou a musicalización de cinco poemas do autor escritos en lingua galega.
Noelia Geada e David Taboada interpretaron o poema ‘Cantiga do neno da tenda’, versos dedicados a Ernesto Pérez Guerra que falan do sentimiento dos
emigrante. O grupo Nebra os versos de ‘Danza da lúa en Santiago’, acuxa letra orixinal, esta formación engadiu as melodías propias do seu proxecto, inspirado na música tradicional galega.
A banda de rock indie alternativo Infrarroja, tocou o poema ‘Romance da Nosa Señora da Barca’, nun evento no que tamén gozamos da letra de ‘Nouturno do adolescente morto’ con música de Quique Muruáis e Luis Monsalve, así como do poema ‘Canción de cun a para Rosalía de Castro, morta’, musicado polo dúo Condensadores de Fluzo, integrado por Luis (Bedu) Pérez e Miguel Bello.
O repertorio do Proxecto Lorca completao o poema titulado ‘Madrigal á cidade de Santiago’, uns versos que xa foron musicado para a USC en 2015 por Carlos Díaz.