Muralleando 2020

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua acaba de anunciar a segunda edición do ciclo de concertos Muralleando, que este ano terá lugar na carpa da praza da Soidade, a partir das 20:30 dos venres e sábados entre o 30 de xullo e o 11 de setembro, e contará con 12 grupos de Lugo de distintos estilos.

Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura organizamos o Muralleando  ano pasado cando se comezaron a permitir os paseos pola rúa, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos”.

O Muralleando 2021 contará cada día cun grupo local, tratando de achegar distintos xéneros para, segundo Maite Ferreiro, “continuar a promocionar a gran calidade e diversidade dos grupos locais mentres facilitamos que todas as veciñas e veciños poidan acudir a un concerto que coincida cos seus gustos musicais”. O acceso aos concertos será libre ata completar a cabida do recinto.

A área de Cultura complementa así a programación cultural do verán:

  • tardes do xoves: «Tarde e Tardiña»
  • sábados e domingos: «Muralleando»
  • domingos: «Mostra de vellos oficios artesáns»
Concertos Muralleando 2021
  • Venres 30 de xullo – Airiños da Freba
  • Sábado 31 de xullo – Fruit Juzz
  • Venres 06 de agosto – Wicked World
  • Sábado 07 de agosto – Funkombo
  • Venres 13 de agosto – Muddy Doll
  • Sábado 14 de agosto – Os Picorruchos
  • Venres 20 de agosto – Iria Estévez
  • Sábado 21 de agosto – Galyrion
  • Venres 03 de setembro – A volta do Agro
  • Sábado 04 de setembro – The Wireless
  • Venres 10 de setembro – Lacón con Grelos Blues Band
  • Sábado 11 de setembro – Tango en Xaneiro