Xullo 2019 O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde e Chus Rodríguez, representante de Tele Clube, avanzaron a programación do ciclo Experimenta: o día 24 de xullo a partir das 20:30 horas con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. O día 25 de xullo haberá un espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. E o día 26, nos xardíns da Deputación, pecha o ciclo Elle Belga (Slowcore)
A sala de Exposicións e os Xardíns do Pazo de San Marcos serán o escenario desta novidosa proposta cultural con entrada gratuita ata completar a cabida.
A partir das 20:30 horas comeza o ciclo con Púlsar, que inclúe unha performance na Sala de exposicións da Deputación que dirixen Javier Martin e Luis Casanova. Javier Martín, coreógrafo e investigador, e Luís Casanova, percusionista de grupos como GUERREIRA ou Holywater, darán vida a unha performance con PÚLSAR, unha improvisación a nivel de música e movemento.
Espectáculo de música electrónica e audiovisuais da man de San Jerónimo que son María Mieres e Nacho Iglesias. El Sur é o recente disco desta banda e conta cunha das coleccións de cancións máis emocionantes e reais que escoitamos en moito tempo.
Os Xardíns da Deputación acollen a actuación de Elle Belga (slowcore), do que forman parte Fany Álvarez e José Luis García. O seu ultimo proxecto é Refuxio, feito a base rítmica e a melodía, que segue sendo o alicerce da composición. A través de sons inquietantes e letras dunha serenidade conmovedora, penétranse nun repouso ficticio e bastante perturbador.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte