progragrama-musicas-mesturadas-lugo-2

Marzo 2019 O domingo 10 de marzo, o cantautor ourensán Emilio Rúa dará un concerto dentro do ciclo Músicas Mesturadas, organizado polo Concello, acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón e Rebeca Jiménez. Nesta actuación estaba prevista a presenza de LaShica, que finalmente non pode asistir, achegándose ao Vello Cárcere Josele Santiago.

A cita é ás 18:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Emilio Rúa ven a presentar o seu novo disco «Duetos».  Un disco gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música: Victor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastedo, Soledad Gimenez, Pablo Milanés, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán. 

En Lugo podremos disfrutar de Emilio con: Josele Santiago – fai un ano tocou no Clavi, vía a promotora lucense Facela, nun concerto memorable (ver fotos) – Rosa Cedrón e Rebeca Jiménez. 

emilio-rua