Sesións vermú do Caudal Fest nas Caldas e no Coliving.

Terán lugar o xoves 19 e o bado 21 de setembro.

Caudal Fest 2023. Foto: I. Mouronte

O Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving con artistas que están por anunciar.

“É o exemplo perfecto de como podemos rendibilizar ao máximo tanto esta cita musical como as dotacións públicas das que dispoñemos, ofrecendo  actuacións culturais de calidade que enriquezan a vida da veciñanza e atraian visitantes á cidade”, afirmou a alcaldesa Paula Alvarellos

O espazo exterior co que conta ao seu arredor o Coliving Artístico Municipal achegará a música ao centro da cidade e axudará a revitalizar unha zona tan emblemática como a do Carme, e as Caldas – moi próximas ao recinto do propio festival – acollerán outro concerto que servirá para dar a coñecer máis esta instalación.

O Caudal Fest 2024 contará con artistas como Amaral, Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, entre outros.

Caudal Fest 2024 cartel por días