A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciou os grupos cos que contará esta fin de semana a iniciativa musical Muralleando Sen Parar, que aportará un fío musical ao redor da Ronda da Muralla con 36 formacións musicais lucenses de todos os estilos. Segundo lembrou a edil de Cultura, Maite Ferreiro, “trátase dunha aposta polo tecido cultural local, polo son e pola música de Lugo, representado nos distintos estilos musicais”.
Na terceira semana de Muralleando Sen Parar, Holy Damn, The Wireless e Kali la Negra serán os grupos encargados de animar a tarde do venres 19, en San Fernando, a Mosqueira e Porta Miñá respectivamente. O sábado 20, a Rúa do Teatro contará con Iria Estévez, Troupelear actuará en Bispo Aguirre e Suda Ks na Rúa Nova. Para a tarde do domingo 21, Carta de Ajuste animará Porta Miñá, mentres que a Mosqueira contará con Unha Mesa para Dous e Wicked World situarase na Porta de San Fernando.
Maite Ferreiro animou ás veciñas e veciños a “pasear pola Ronda da Muralla para desfrutar da música das nosas artistas e avanzar de cara a un Lugo con menos tráfico e máis cultura”.