Chegamos á XVI edición do festival de música negra e electrónica Sanfroidance o luns 04/10 denro do San Froilán 2021. Este ano está  adicado a un dos pilares máis importantes do panorama do hiphop nacional, un artista que desgraciadamente xa non está con nos, integrante do reputado grupo de rap Él club de los poetas violentos (Madrid) e presentador de varios programas na emisora Radio 3 durante moitos anos, JOTA MAYÚSCULA

O día Luns 4 de Outubro estará representado polo compoñente do grupo Violadores del Verso Maestro Sho-Hai a los CD´S, tamen coñecido como Hate, fara unha sesión de Dj para esta ocasión tan especial, o seguirá Ricky Hombre Libre, artista Galego de producción internacional, como representación lucense non podría faltar o colectivo de artistas do sello discografíco Fume Records, ben coñecido por todos en Galiza, para rematar a velada Kiki Sound aka Kamikaze, outro peso pesado da escena e compañeiro de Jota Mayúscula fará unha sesión como Dj de alto copete, todo o evento estará acompañado polas visuais do videoartista Juanma Lodo.

Os concertos empezarán ás 19:30 horas na explanada Auditorio Gustavo Freire 

O recinto estará vallado, a entrada será libre ate completar a cabida identificando as persoas asistentes e cumprindo todos os protocolos sanitarios.

ORGANIZA: Ára de Cultura do Concello de Lugo & Trasnosound Events.

ARTWORK: @jotacecrea

PROGRAMA COMPLETO DO SAN FROILÁN