
O Club Cultural Valle-Inclán programa un novo ciclo de Sesións de Filmoteca, en colaboración coa Filmoteca de Galicia –CGAI- e segundo convenio asinado coa AGADIC.
Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
Día 9 de novembro: Monsieur Verdoux, de Charles Chaplin, USA 1947. 123 min. VOSE
1947: Nominada ao Oscar: Mellor guión orixinal.
1947: National Board of Review: Mellor película.
Día 16 de novembro: El moderno Sherlock Holmes (Sherlock jr), de Buster Keaton, USA 1924. 45 min. Cine mudo.
Día 23 de novembro: A ruleta da fortuna e a fantasía, de Ryüsuke Hamaguchi, Xapón 2021. 121 min. VOSE.
2021: Festival de Berlín: Oso de Prata – Gran Premio do Xurado.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 18 horas. Entrada libre para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público 2€, cota proporcional de socio.


Monsieur Verdoux – Mér, 09/11/2022 – 18:00
Sala da Actos da Casa do SaberDirector: Charles ChaplinPais: Estados UnidosAno da produción: 1947Xénero: Comedia | Comedia negra. Crime. Baseado en feitos reais. Asasinos en serie. Anos 20. Anos 30Duración: 123Produción: United Artists, Charles Chaplin ProductionsDirector de Fotografía: Roland Totheroh, Curt Courant, Wallace Chewing (B&W)Guión: Charles Chaplin. Idea: Orson WellesMúsica: Charles ChaplinIntérpretes: Charles Chaplin, Martha Raie, Marilyn Nash, Isobel Elsom, Robert Lewis, Mady Correll, Arthur Hohl, Allison Roddan, Audrey Betz, Ada May Sinopse: Comedia negra baseada en feitos reais, conta a historia de Henri Verdoux, un home de dobre vida. Por un lado é un respectable home casado pai dun fillo, pero por outro é un seductor que, baixo outra identidade, adícase a casar con viúvas ricas ás que posteriormente asasina para quedar coa súa fortuna. Un Chaplin inesperado, seductor, cheo de ironía punzante. Premios:1947: Nomeada ao Óscar: Mellor guión orixinal1947: National Board of Review: Mellor película
O moderno Sherlock Holmes – Mér, 16/11/2022 – 18:00
Sala da Actos da Casa do SaberDirector: Sherlock jr. Buster KeatonPais: Estados UnidosAno da produción: 1924Xénero: Comedia | Cine mudo. Sherlock Holmes. Mediometraje – Duración: 45Produción: Buster Keaton ProductionsDirector de Fotografía: Elgin Lessley e Byron HouckGuión: Clyde Bruckman, Jean Havez e Joseph MItchellIntérpretes: Buster Keaton, Kathryn McGuire, Joe Keaton, Ward Crane, Erwin Connelly, Jane Connelly Sinopse:Un modesto proxeccionista estuda para ser detective. Entre tanto, a súa moza é desexada por un tipo chulo e miserable. Este prepara unha trampa para o protagonista: o roubo do reloxo do pai da moza. Unha vez caído en desgraza, na cabina de proxección vaise aclarar parte do relato, cando comezan a convivir realidade e ficción. Xogando con conceptos como a hipnose, o dobre, a analoxía e a dualidade, o onírico ou a metanarración, atopamos un dos filmes máis xustamente famosos de Keaton, unha regalía de enorme riqueza visual.
A ruleta da fortuna e a fantasía – Mér, 23/11/2022 – 18:00
Sala da Actos da Casa do SaberDirector: Ryûsuke HamaguchiPais: JapónAno da produción: 2021Xénero: Drama. Romance | Película de episodiosDuración: 121Produción: Fictive, Neopa Co.Director de Fotografía: Yukiko IiokaGuión: Ryûsuke HamaguchiIntérpretes: Kotone Furukawa, Ayumu Nakajima, Hyunri, Katsuki Mori, Shouma Kai, Kiyohiko Shibukawa, Fusako Urabe, Aoba Kawai Sinopse:Contada en tres movementos, é unha colección de historias protagonizadas por personaxes femininos que trazan as traxectorias entre as súas eleccións e arrepentimentos. Un triángulo amoroso inesperado, unha trampa de seducción fallida e un encontro que resulta dun malentendido. Oso de Prata en Berlín para o autor da arrasadora Drive my car.
Premios
2021: Festival de Berlín: Oso de Prata – Gran Premio do Xurado.