Este San Froilán 2024 contamos con: Iago Eireos Carlos Maira Teijeiro Iván Mouronte Esther López Alvarez Bego Pérez Alejandro Real Sara Temes e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas.
Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.
En breve máis fotografías de Sara na web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/
Fotógrafa | Directora de fotografía
O seu traballo abarca dende a fotografía de retrato ata a fotografía de rúa, onde se centra en capturar momentos atípicos na vida cotiá, especialmente no contexto lucense. A súa mirada busca achar o extraordinario no común, plasmando escenas que a miúdo pasan desapercibidas.
Paralelamente, traballa no ámbito audiovisual, participando en proxectos de ficción e musicais como directora de fotografía, así como tamén de foto fixa e auxiliar de cámara.
https://www.instagram.com/saratemes/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte