Nesta galería podes atopar fotografías do pasarrúas de Foliada de Bosende, o concerto da Banda Filharmónica de Lugo, o concerto de Mocho Gris, do espectáculo itinerante “PILOTS” de La Finestra, do San Froilán Máxico no teu barrio ou do XIII Desfile de Gando tradicional do San Froilán
Ademais do IX Concurso MISS DEUSA co Colectivo ALAS na praza da Mosqueira, da Verbena galega d’antes, do VI ELECTRONIC LUCUS FEST e dos concertos de Cristina Branco, Xoel López, Biznaga e da verbena coa orquestra STEREO na praza Maior.
Tamén fotos do San Froilán Miúdo como “XOGOS PAPORRUBIO” e “ROCOCÓ” de Cía Rampante.
Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.
Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.
Este San Froilán 2025 contamos para documentar e aportar a súa mirada persoal sobre as festas, con:
Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.
Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte