Outubro 2018 A fotografía coma arte.  A fotografía como memoria. As fotografías para recordar o San Froilán 2018 capturado pola mirada de foteiros e foteiras de Lugo para facer un arquivo dixital histórico das nosas festas.  Desta volta: Iván Mouronte,  Belén CorderoMarcos Loopez,  Adra Paixón  e María Viso son os responsables destas fotos de, entre outros actos do programa:  “Camiño ao contar” con Lois Pérez Díaz e o Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Oleiros, dende Porta San Pedro ata Porta Miñá, o concerto de Heredeiros da Crus na Pza Horta do Seminario e o XIII SANFROIDANCE na pr. da Soidade.