cursos-centrad-lugo

Maio 2018 A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este xoves no Centro de Cestería do Río Rato da Deputación, a programación de verán que ofrece o Goberno da Deputación para realizar cursos de cestería, tear e, por primeira vez, de calzado coa especialidade do coiro. Celébranse ao longo do mes de xuño, tanto no CENTRAD como na sede do Centro de Cestería

Número de prazas: 28 – abertas a todo o público en xeral- 

Cursos:

No curso de cestería os 10 alumnos coñecerán os diferentes tipos de cestas e distintos materiais como madeira ou vimbio. As datas nas que se celebrarán son dende o 18 ao 29 de xuño, de luns a venres de 10:00-14:00 horas, o lugar será o taller de cestería do Paseo do Rato da Deputación.

Lourdes Otero Mato será encargada de impartir o curso de tear baixo lizo. Nesta cita os 8 alumnos asistentes coñecerán a terminoloxía que se emprega neste oficio, as súas clases e funcións, as partes do tear e o proxecto de como realizar unha peza. Impartirase dende o 18 de xuño ao 29, dende ás 10:00-14:00 horas no CENTRAD.

E por primeira vez o CENTRAD imparte un curso de coiro coa introdución ao calzado, que será explicado por Ramon Lleó Fissure. Os alumnos coñecerán a parte teórica coa introdución ao calzado, mocasines, e as sandalias. Esta cita convertese nunha boa sesión práctica para realizar o calzado que usan os participantes do ARDE LUCUS. Será impartido dende o 4 ao 13 de xuño, dende ás 10:00-14:00 horas no CENTRAD.

Inscrición: no mail formacion.centrad@deputacionlugo.org, ou no telefono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar no correo electrónico os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das 3 programacións quere participar (coiro, cestería, ou calzado).  A matrícula para cada un deles é de 20 euros.

Información: na web da Deputación xa hai un banner dispoñible con toda a información