Experiencia fotográfica senso-vivencial no MIHL, do 17 ao 20 de xaneiro
Está dirixido a 20 persoas, maiores de 18 anos. Para participar é preciso inscribirse no 010
Xaneiro 2019 «Cores Marcianas» é un taller de creación visual participativo e integrador, deseñado para as necesidades das persoas con discapacidade visual. No taller, os grupos de creadores son mixtos e fórmanse equipos de artistas con e sen discapacidade visual, o que repercute nunha maior creatividade, riqueza e cohesión grupal.
As persoas participantes investigarán sobre a percepción sensorial aplicada á creación fotográfica. Desde a estimulación sensorial e o desenvolvemento de actividades que fomentan a creatividade, visitarán o mundo fotográfico desde todos os sentidos, e aprenderán que a fotografía é un medio de comunicación emocional e artística ao alcance de todas e de todos.
Os talleres constan das seguintes fases: presentación e cohesión grupal, alfabetización visual, creación e estimulación sensorial, proceso creativo, realización de proxectos creativos, creación grupal, evento final e avaliación conxunta vivencial.
Dirxido a: 20 persoas interesadas na creación fotográfica, maiores de 18 anos.
Lugar: Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)
Datas: do 17 ao 20 de xaneiro.
Horario: de 17:00 a 19:30 horas o xoves 17, de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas o venres e sábado, 18 e 19 de xaneiro. O domingo 20 haberá unha actividade fotográfica pola cidade, pechando o taller, de 17:00 a 19:30 horas.
Inscricións: a través do 010 ou do teléfono 982-29-73-50 para xente de fóra de Lugo.
Taller promovido pola Concellería de Cultura de Lugo en colaboración coa Asociación Tiresias Galicia