Novembro 2019 As actividades en Bico de Grao para Novembro son as seguintes: 

OBRADOIRO DE EMPODERAMENTO FISCAL

Mércores 6 de novembro de 17:00 a 20:00

Imparte Helena Sanmamede de Étikas.org http://etikasetikas.blogspot.com/

Aportación 35€

Dirixido a autónomas e profesionais independentes.

OBXECTIVOS:

.Debuxar unha panorámica das administracións e burocracias

.Revisión das obrigas das profesionais (fiscais e de seg. Soc.)

.Comprensión do funcionamento básico dos impostos

FINALIDADE:

.Obter ferramentas básicas no desenvolvemento da nosa actividade para a negociación

ante empresas, organizacións e administracións.

ASPECTOS A TRATAR:

.Estrutura básica da administración.

.Altas en Facenda e Seguridade Social: obrigas, falsos mitos, consecuencias, …

.IVE e IRPF: esquema de funcionamento, terminoloxía, prazos, exencións, relación co IAE, que

pagamos e por que pagamos?, obrigas documentais, tipos impositivos, …

.Documentos: facturas, contratos

.Comunicación coa administración: recursos, escritos, …

Inscríbete xa! O prazo remata o luns 4 de novembro.

MASTERCLASS COCIÑA SAUDABLE “LEGUMES TODO O ANO”

Venres 8 de novembro de 18:30 a 20:00

Imparte Noelia Ron. Experta en alimentación natural e holística, formación en macrobiótica, alimentación anticancerosa e obesidade infantil.

Coach nutricional de Bocadodevida. https://bocadodevida.es/

Aportación 20€

Nesta Masterclass cociñaremos legumes moi variadas. Veremos que non só en potaxe están boas e aprenderemos como sacarlles partido durante todo o ano. Degustaremos os pratos que aprendamos durante o obradoiro e levaredes para a casa as receitas.

Aproveitando a oportunidade de ter connosco a unha experta en alimentación ensinaranos as diferentes propiedades das legumes e como sacarlles o maior proveito. Esta masterclass é unha boa oportunidade para seguir aprendendo no camiño cara unha alimentación rica e saudable.

Inscríbete antes do martes 5. Prazas limitadas!

MERCADIÑO DE TROCO DO OUTONO

Mércores 13 de novembro de 17:00 a 20:00

De balde!

O Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. Podedes traer todo aquilo que non esteades a usar e que se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, múxica, xogos e xoguetes, accesorios, aparellos electrónicos.. Calquera cousa que sexa susceptible de ser reempregada será benvida.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

OBRADOIRO -COMO ELABORAR KOMBUCHA NA CASA

Venres 22 de novembro de 18:00 a 20:30

Imparte Nayade. https://merakiferments.com/

Aportación 25€

Neste marabilloso obradoiro aprenderemos a facer a nosa propia kombucha da man da fundadora de Meraki Ferments.

Coñece todo sobre esta bebida milenaria, leva o teu propio Scoby e cultivo nai para seguir fermentado a túa propia kombucha na casa. Aprenderás a darlle o sabor creado por ti para que a poidas degustar aos poucos días do taller.

Inscríbete ata o luns 18 de novembro! Prazas limitadas!

OBRADORIO DE AUTODEFENSA FEMINISTA

Venres 29 de novembro de 18:00 a 21:30

Imparten Lésbicas Creando https://es-es.facebook.com/LesbicasCreando

Obradoiro para Mulleres a partir de 16 anos.

Aportación 20€

Obradoiro centrado na multiplicación das ferramentas de resposta e empoderamento fronte as violencias machistas. Un obradoiro práctico, respectuoso e amoroso, nun espazo seguro e cheo de sororidade.

Inscríbete antes do 25 de novembro. Prazas limitadas.

Bico de Grao S.Coop.Galega
Ronda das Fontiñas, baixo nº 226

27002 – Lugo

Telf. 982.807.935