Curso Ioga en parella en Bico de Grao

Enero 2019 A cooperativa Bico de Grao (Ronda das Fontiñas, 226 baixo) ven de anunciar as súas actividades para este xaneiro. Son as seguintes: 

Actividades permanentes:

Meditación Guiada

Luns de 11:30 a 12:30 ou Xoves de 19:00 a 20:00 (Grupo pendente de completarse)

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 20€/mes

A meditación axudaranos a descubrir a paz interior. Faranos prestar máis atención ao presente, onde a felicidade é real. Faremos estiramentos para unha boa postura, técnicas de respiración e mantras para unha relaxación profunda (ioga Nidra).

Inscríbete en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com

Ioga

Luns de 17:00 a 18:00

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Pilates, polas dúas actividades)

So tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com

Ioga con bebés

Xoves de 11:30 a 12:30

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 20€/mes.

Ioga enfocado a explorar os movementos cos nosos bebés, de ata 18 meses. Respectando os seus tempos e tamén, nais ou pais poderemos facer algún estiramento acompañándoos. Exercicio indicado para que os nenos e as nenas se atopen máis tranquilos, máis felices, co que conseguiremos unha mellor alimentación e un mellor descanso.

Inscríbete en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com

Pilates

Xoves de 16:45 a 17:30

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Ioga, polas dúas actividades)

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com

Actividades puntuais:

Acroioga. Taller de ioga en parellas

Sábado 19 de xaneiro de 11:30 a 12:30

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 18 €/parella

Trátase dun taller para divertirse. Podes vir coa parella, cun familiar ou amigx. Melloraremos a comunicación sentindo o contacto coa outra persoa, vendo como nos apoiamos mutuamente. Aproveitando tamén para corrixir a aliñación de todo o corpo.

Inscríbete ata o 16 de xaneiro en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Obradoiro de pan na casa.

Venres 25 de xaneiro. 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00

Imparte Roi

Aportación 60€ con todo o material incluído. Apuntes e receitas.

Aprenderemos a facer pan para que logo poidades facelo vós na casa de forma sinxela e divertida. Dende o primeiro minuto realizaremos diferentes receitas nas que veremos os pasos necesarios para converter a nosa casa nunha pequena panadaría artesanal. Todo con prácticas explicacións, trucos e consellos, para así, rapidamente dominar as principais técnicas da elaboración do pan.

Temario do obradoiro:

Introdución á panadaría na casa. Ingredientes básicos. Lévedos e masa nai natural. Ferramentas. Mesturado e amasado. Fermentación. Pregados. Boleado e formado. Corte e forneado. Conservación.

As receitas:

Barras con poolish. Ciabatta con biga. Pan de molde. Hogaza rústica de masa nai. Pan integral de masa nai con ameixas e abelás. Pan centeo fácil con masa nai.

Inscricións ata o martes 22 respondendo en Bico de Grao ou bicodegrao@gmail.com. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición