ABRIL 2018 A programación de actividades gratuitas do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño é a seguinte:

ABRIL
7 e 8 de abril.- Curso de fotografía. “Percibimos a natureza”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas o sábado e de 11:30 a 14:30 horas o domingo. 

14 e 19 de abril.- O malteado dos cereais para a elaboración de cervexa artesá, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas o sábado, e de 19:00 a 21:00 horas o xoves. 

21 de abril.- Limpeza solidaria dos bosques, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 13:30 horas.

21 de abril.- Cultivando plantas en testos. “Elixindo os substratos e aprendendo a regar”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

28 de abril.- Introdución ao enxerto, unha actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

MAIO

3-12 de maio.- O malteado dos cereais para a elaboración de cervexa artesá, actividade para adultos, nun horario de 19:00 a 21:00 horas o xoves, e de 11:00 a 14;00 horas o sábado.

5 de maio.- Coidando a nutrición das plantas. “Aprendendo a fertilizar”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

19 de maio.- A curuxa, Ave do ano 2018 na Reserva da Biosfera Terras do Miño, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

26 de maio.- Obradoiro de hotel de insectos, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

XUÑO

2 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Natureza próxima”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

5 de xuño.- Conferencia. “Que facer ante a expansión silenciosa das Especies Exóticas Invasoras?”, actividade para todos os públicos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

9 de xuño.-Libeliñas da Reserva da Biosfera Terras do Miño, actividade familiar, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. 

23 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Pesca e embarcacións nos ríos galegos”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

25 de xuño.- Arxila Polimérica: recuperando a imaxinación, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

26 de xuño.- Arxila Polimérica: xogando no verán, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

27 de xuño.- Arxila Polimérica: baixo a carpa, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

28 e 29 de xuño.- Xornada-Obradoiro. “Os castros. Vida dos nosos devanceiros”, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. 

30 de xuño.- A linguaxe das nubes, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Lugar: Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Río Rato

Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982 22 78 12

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou  a nova programación