Adra Pallón arrasa nos premios portugueses «Estação Imagem 2022».
3 premios: o gran e principal premio «Estação Imagem 2022″ por su serie «Lume e cinza», e mencións de honor, dúas, polos proxectos «Da illa a Galiza» e «Xeración perdida».

O fotógrafo lucense continúa a confirmar a base de premios o que xa sabemos por estos lares: é un xenio da fotografía.

O Prémio Estação Imagem, que anualmente distingue en Portugal aos mellores traballos de fotoxornalismo do ano feitos por fotógrafos de Portugal, de países de lingua oficial portuguesa e da Galiza ten un gañador e non é outro que ADRA PALLÓN.

A súa serie «Lume e cinza», das que podes ver algunhas fotos nas seguintes reportaxes deste medio, foi elexida como mellor traballo de fotoxornalismo do 2022:

O berro do Courel – Fotografías de Adra Pallón

Especial en fotos – Arde a Ribeira Sacra

 

Ademáis, o xurado considerouno merecedor de dous premios máis: mención de honor polos seu proxectos «Xeración Perdida» e «Da illa a Galiza».

Fotografía que forma parte do proxecto "Xeración perdida" de Adra Pallón.

En «Xeración perdida», Adra Pallón retrata a persoas marcadas pola precariedade laboral, a brecha social e a gentrificación. Pallón busca plasmar a esta xeración, que é a súa propia e que, a pesar de ser a mellor preparada da historia dos países do sur de Europa, viu esfumarse o futuro ao que se supón que debía aspirar, entre desindustrialización, turistificación e perda de acceso á vivenda. 

Fotografía de Adra Pallón do seu proxecto "Da illa a Galiza"

En «Da illa a Galiza», Adra Pallón, fotografía a  experiencia dos inmigrantes que chegaron ás illas Canarias e logo acabaron en Galiza.

No derradeiro ano ao redor de 23,000 persoas de orixe africana chegaron ás Illas Canarias. «Acomodados» en varios campamentos temporais, levaron a cabo protestas debido á masificación, frío e carecer de alimentos.

Algúns abandonaron os campamentos e foron vivir nas montañas de La Laguna. 

Adra Pallón traballa nun proxecto sobre a súa vida nas montañas e daqueles que queren chegar a Galiza.

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo

Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»