Adra Pallón Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022
“Incendios forestales y cambio climático” é o traballo premiado realizado como cobertura para a axencia EFE e distribuído en diferentes medios nacionais e locais, publicándose a serie completa no medio dixital Viva Lugo
Publicándose a serie completa no medio dixital Viva Lugo
Adra Pallón Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022… Ponlle o tamaño de letra máis grande para o titular!» gritan nesta redacción, «en cor!, en cor»!, – nin caso – «repite que publicamos a serie completa, nós, nós, nós!» – pero queda raro – «un gañador doutra categoría é de El País!» – mira para ahí eh, quén o diría de Viva Lugo – «viva o Adra Pallón!!!!» – brindis con cervexa sen glúten, festa nocturna no Ho! Gruf … e a seguir levando a cultura e ás xentes da cultura lucense polo mundo enteiro.
Os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación, teñen o obxectivo de recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.
O Instituto da Mocidade, INJUVE, quere recoñecer así o traballo de xornalistas ou comunicadores menores de 35 anos que contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual (Radio e Televisión) e Xornalismo Dixital.
O xurado desta terceira edición estivo integrado este ano por Tania Minguela, Directora da División de Programas do Injuve, como presidenta e os xornalistas Mariña Lobo, Ana Torres, Daniel Mediavilla e Elena Omedes como vogais. Fallaron os seguintes premios:
Xornalismo impreso: “Las cicatrices del trabajo doméstico” de Gonzalo García Sánchez no CV Semanal do diario de Levante
Fotoperiodismo “Incendios forestales y cambio climático” de Adra Pallón (Adrián Vázquez Rodríguez) reportaxe completa recollida en Viva Lugo «Arde a Ribeira Sacra»
Periodismo audiovisual. “Yo si te creo” de Núria Vilá Coma. Vimeo.
Periodismo digital. “El viaje de los Pérez: de la Cañada Real a su primera casa vertical” de David Expósito Martín y Miguel Ezquiaga Fernández na edición digital de El País.
Fotoperiodismo “Incendios forestales y cambio climático» de Adra Pallón (Adrián Vázquez Rodríguez).
ADRA PALLÓN
Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.
Web oficial Facebook Instagram
+ de Adra Pallón en Viva Lugo:
Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo
Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»