Afundación en casa

« Afundación en casa » é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa  desenvolvendo desde os seus domicilios. Visitas virtuais ás exposicións das coleccións de arte de Afundación e ABANCA e a outras mostras destacadas organizadas pola entidade, ou pílulas formativas sobre algunhas das súas pezas máis destacadas son algunhas das propostas que podemos atopar nesta web.

As visitas virtuais propostas por Afundación permiten un percorrido 360º por algunhas das exposicións máis aplaudidas da entidade. Así, «O noso planeta», «O universo musical de Andrés Gaos», «Eu, Abelenda» ou «Lugrís, paredes soñadas» son as mostras organizadas ou participadas pola entidade que se poden visitar. 

As exposicións sobre as coleccións de arte de Afundación e ABANCA con percorridos virtuais dispoñibles son «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», «Con D de arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte de Afundación máis contemporánea», «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», «Latexos na Colección de Arte Afundación», «Galicia universal. A arte nas coleccións de ABANCA e Afundación» e «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección».

Ademais, baixo o programa «A colección en casa», a comisaria Mercedes Rozas, elaborou unha serie de estudos analíticos que, de xeito sintético e en forma de vídeos, analizan algunhas pezas escolleitas da mostra «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», en concreto, as asinadas por Ciria, Daniel Canogar, Manolo Valdés, Mersad Beber e Soledad Sevilla.

Para o público infantil están tamén dispoñibles as dúas sesións do obradoiro de artes plásticas que Afundación en casa elaborou con motivo da suspensión das clases: técnica creativa con crema para zapatos e estampado con plastidecor.