Mañá venres, ás 20:30 horas, Víctor Manuel presentará o seu novo traballo no Auditorio Municipal, Casi nada está en su sitio
O sábado, este mesmo espazo municipal, tamén a partir das 20:30 horas, acollerá o espectáculo de Coprodución Centro Dramático Nacional e Octubre Producciones – Si no te hubiese conocido
Tamén o sábado ás 20:30 horas, o Vello Cárcere será o escenario da última actuación do ciclo Liberdades Sonoras. Josephine Foster, unha das voces máis carismáticas do folk estadounidense, será a protagonista. A entrada é de balde
Para domingo, o Concello programou unha visita gratuíta teatralizada ao Cemiterio Municipal de San Froilán, De quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro. Arrincará ás 17:30 horas. 
Ademais, ao longo desta fin de semana continúa o Festival Atlántica, co que colabora o Concello, e que acolle este ano por primeira vez Lugo. Contempla espectáculos para público familiar e adulto

Marzo 2019 A axenda cultural para esta finde en Lugo, de actividades organizadas polo Concello, contempla, principalmente, teatro e música:

  • Venres 22/03, ás 20:30 horas, Víctor Manuel presentará o seu novo traballo no Auditorio Municipal Gustavo Freire, Casi nada está en su sitio.  As entradas teñen prezo único de 20 euros.
  • Sábado 23/03, 20:30 no Auditorio Gustavo Freire estrease unha coprodución do Centro Dramático Nacional e Octubre Producciones – Si no te hubiese conocido, que conta cun elenco de grandes e coñecidos intérpretes: Marta Santandreu, Marta Hazas, Óscar Jarque, Unax Ugalde. 

Ambas as dúas actuacións están enmarcadas na programación de Artes Escénicas do Concello para o primeiro semestre do ano. 

As entradas poden mercarse a través do portal web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

programacion-auditorio-gustavo-freire
josephine foster LUGO

O Vello Cárcere será o escenario da última actuación do ciclo Liberdades Sonoras o sábado 23/03 a partir das 20:00:  Josephine Foster, que leva preto de dúas décadas definíndose como unha das voces máis carismáticas do folk estadounidense será a protagonista. A entrada é totalmente de balde ata completar cabida.

O seu amplo espectro de influencias, os matices instrumentais que foi incorporando á súa música e a súa habilidade para transcender o arquetipo do cantautor acústico convértena nunha artista sen comparacións.

Activa desde fai case dúas décadas, a cantante orixinaria de Colorado aspiraba á ópera e comezou a compoñer as súas propias pezas mentres actuaba en vodas e funerais. Ao longo dunha traxectoria regular e con poucas intermitencias, o seu discurso foi gañando en riqueza musical e conceptual e afianzándose como un universo en si mesmo.

O seu folk tenue e íntimo fainos pensar en Vashti Bunyan, Patti Smith ou a contemporánea Julia Holter. Foster é o perfecto exemplo dunha idea en perigo de extinción: continuar cunha tradición sen pervertirla e á súa vez ir incorporando novas ideas en cada novo traballo.

O seu último disco, Faithful Fairy Harmony, publicado en novembro de 2016, amplía a lista de recursos instrumentais que acompañan á súa voz, a gran protagonista. Así, guitarra, piano, órgano, arpa e autoarpa dan a dimensión necesaria ás letras de Foster, quen ademais produce de forma autónoma o total do álbum. Acompáñana Victor Ferreiro (guitarra), Gyða Valtý sdóttir (cello), Chris Scruggs (pedal steel) e Jon Lestes (baixo).

Para domingo, o Concello programou unha visita teatralizada ao Cemiterio Municipal de San Froilán, De quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro. Arrincará ás 17:30 horas e na súa intervención coñecerase a historia do cemiterio e da cidade a través dos ollos das personalidades que descansan entre os seus muros. Concretamente, tomarán a palabra Asunción Montes, Xoán Montes, Rof Codina, Celestino e a persoeira Matilde. A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta pero para participar é preciso retirar invitacións, na Sección de Cemitrios, na Ronda da Muralla, 197.

Festival Atlántica

Ademais, ao longo desta fin de semana continúa o Festival Atlántica, co que colabora o Concello, e que acolle este ano por primeira vez Lugo. Dirixido a nenos e nenas e público familiar están previstas as seguintes actividades:

• Contos para viaxar ao Xapón, por Yoshi Hioki o venres 22 de marzo, ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal Isidro Novo
• Entre arrolos e contiños, a cargo de Bea Campos e Manuel Pombal, o sábado 23 de marzo, ás 11:30 horas no MIHL

A programación para adultos, no Vello Cárcere, é a seguinte:

• Contos populares do Xapón, con Yoshi Hioki e Lavandeiras, con Vero Rilo, o venres, 22 de marzo, ás 19:30 horas

Para pechar este festival, o Concello ten previsto un roteiro de poesía polas rúas da cidade este domingo, 24 de marzo, con saída dende a Praza Maior, diante da Casa Consistorial, ás 12:30 horas. Nel participarán Marcia Campo, Tareixa Campo, Luz Darriba, Toño Núñez, Alexandra Cabana e Nieves Neira. Conmemórase ademais con esta ruta o Día da Poesía.

Máis programación

O Arde Lvcvs Cvltvral, o programa de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, ten preparado para este sábado un paseo pola cidade con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, e un obradoiro de velas para realizar unha ofrenda.

Ademais, a cidade acollerá unha edición máis do Encontro Unversitario de Danza no Vello Cárcere a actuación do Trío Wanderer, o venres, no Círculo das Artes ás 20:00 horas.