Xuño 2019 Está aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán que organiza a Deputación na Rede Museística Provincial ata o o día 26 de xuño no Museo Provincial e o día 27 no Museos do Mar, no Museo Fortaleza San Paio de Narla e no Museo Pazo de Tor. Son actividades dirixidas a rapaces de entre 4 e 12 anos, desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades son totalmente de balde, para inscribirse é necesario presentar un formulario específico dispoñible nos Departamentos de Didáctica de cada sede museística.
Neste verán, a programación da Rede Museística cambia o formato da oferta, pero non a filosofía que move as actividades: os rapaces vivirán unha experiencia lúdica na que coñecerán e crearán a partir das ciencias, as artes ou a arqueolóxica, tendo en conta sempre a igualdade, a interdisciplinariedade e a sostibilidade. A programación, estará impartida por profesionais da Rede e nun espazo con importante valor histórico.
Programación
Museo Provincial do Mar:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
– 1ª quenda: do 2 ao 5 de xullo, e do 30 de xullo ao 2 de agosto.
– 2ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
Museo Fortaleza San Paio de Narla:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
– 1ª quenda: do 9 ao 13 de xullo.
– 2ª quenda: do 20 ao 24 de agosto.
Museo Pazo de Tor:
Campamento: (12 prazas en cada quenda)
– 1ª quenda: do 9 ao 12 de xullo.
– 2ª quenda: do 27 ao 30 de agosto.
Todos os camiños levan a Tor:
– Actividade para membros do Club Ei! e mozos interesados en coñecer os os fondos do Museo Pazo de Tor, e apoiar eclaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Museo Provincial de Lugo:
Campamento: (20 prazas en cada quenda)
– 1ª quenda: do 1 ao 5 de xullo.
– 2ª quenda: do 8 ao 12 de xullo.
– 3ª quenda: do 19 ao 23 de agosto.
– 4ª quenda: do 26 ao 30 de agosto.