Correos dedica o completo da imaxe do selo á obra do lucense Diego As, nunha instantánea en contrapicado, que destaca o impoñente do mural.
Pintado na rolda da Muralla, lembra o pasado romano de Lugo cun retrato en escala de grises do emperador romano que xa se converteu en parada obrigatoria na cidade, sumándose aos seus atractivos turísticos.
A emisión filatélica conta cunha tirada de 124.000 exemplares, a un valor de 1’75 euros cada selo. O selo pode adquirirse en calquera oficina de Correos e tamén contactando co Servizo Filatélico no e-mail atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 915 197 197.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte