Outubro 2018 Un curso máis chega a oferta formativa do Espazo de Fotografía no Campus de Lugo cos seguintes cursos:
Concédense créditos ETCS
1.- Analóxico – matrícula pechada –
2 – Dixital – matrícula pechada –
Relator: Fernando Gago
Descrición: A cámara dixital o seu funcionamento e configuración. Non existe nivel, non é só de iniciación, o profesor adaptarase ás competencias do alumnado.
Lugar: Escola de Formación de Profesorado – Datas: martes e xoves, do 30 de outubro ao 20 de decembro – Horario: entre as 19:00 a 21:00 h – Horas: 25 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros
Contidos: VER PROGRAMA – web USC-
3.- Fotografía co móbil – matrícula pechada –
4.- Divulgación científica e elaboración de material didáctico dende o audiovisual – matrícula pechada –
Relator: Adrián Vázquez
Descrición: O módulo ten como principal obxectivo coñecer e aprender a manexar ferramentas, metodoloxías de traballo e coñecementos do audiovisual con orientación a producir o seu propio material de divulgación científica (ou doutra rama do coñecemento) e de carácter didáctico.
Datas: todos os venres entre o 26 outubro e o 14 de decembro – Horario: entre as 18 e as 22 h.- Lugar: Escola de Formación de Profesorado – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros
Contidos: VER PROGRAMA – web USC-
5.- Taller de introdución á fotografía creativa – matrícula pechada-
Relatora: Sabela Eiriz
Descrición: Un achegamento á fotografía artística para construír imaxes traballando a partir da súa conceptualización, poñendo en práctica as posibilidades estéticas da linguaxe visual que nos permitan afondar e atopar unha forma de expresión propia.
Prazas: 6 mínimo / 12 máximo Datas: luns do 12 de novembro ao 14 de xaneiro – Horario: entre as 16:30 a 19:30 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros – Horas: 25
Contidos: VER PROGRAMA – web USC-
6.- Fotografía de rúa e social – matrícula aberta –
Relator: Marcos Loopez e Adra Paixón (fotógrafos de Viva Lugo)
Descrición: A forma e o contido do curso axudaralle ao alumno a atopar un estilo propio. Coñecer os fotógrafos/as referentes na fotografía de rúa – steet photo – e a través do visionado dos seus porfolios e de facer fotos «imitando» o seu estilo atopar o propio. Para iso, os participantes , mediante a alternancia de clases teóricas e sesións fotográficas grupais na rúa, poderán chegar a aprender como é a fotografía de rúa e saír encamiñados hacia a búsqueda do seu estilo persoal. É preciso dispoñer de cámara fotográfica (podería prestarse un par durante as clases ou usar o móvil se ten funcionalidades tipo reflex)
Datas todos os sábados entre os días 2 e 30 de marzo – Horario: entre as 10 ás 14:30 h – Lugar: Casa do Saber – Prazas: 20 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros
+ info e inscricións: Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro – Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513
e-mail: cultura.lugo@usc.es
Artigo relacionado: Autobombo, o noso fotógrafo recibe premios en dous certames fotográficos de Lugo